sábado, 8 de noviembre de 2008

5. Incidencia dos transtornos alimenticios

Como non existen cifras oficiais sobre estes trastornos, as estatísticas están baseadas en importantes investigacións científicas; algunhas foron recopiladas no ámbito da saúde pública, hospitais e centros médicos, e outros resultaron das pesquisas e iniciativas particulares de organizacións e asociacións que loitan na prevención e mitigación dos trastornos da alimentación.
Ó comparar estas investigación (de índole global, nacional e local) de diversas fontes e disciplinas, as diferenzas numéricas son evidentes porque sobre as estatísticas que revelan a prevalencia ou o número de persoas afectadas pola anorexia, a bulimia e outros trastornos da alimentación, non existe consenso.
Algunhas se axustan a unha tendencia moi conservadora que foi utilizada por médicos que gustan de diagnósticos claros e inequívocos. Pero estes criterios soamente describen as etapas máis avanzadas da enfermidade.
Outros datos estatísticos axústanse a unha segunda tendencia na cal ao seguir con menos rixidez os factores de diagnostico teñen en conta toda a gama posible de afectación. Por esta razón os seus datos son máis cuantiosos que os de primeira xa que non pasan por alto aquelas formas máis leves da enfermidade, e ademais suman os múltiples casos doutros trastornos da alimentación pendentes pola súa definición.

A anorexia é a enfermidade que máis creceu entre os mozos e mozas españoles nos últimos anos. Estes problemas afectan moito máis ás mulleres que aos homes (90% fronte a un 10%).

A Asociación de Bulimia e Anorexia de Galicia detecta que este tipo de trastornos alimentarios rexístranse cada vez máis en mulleres adultas e en nenas. Empezáronse a detectar casos de mulleres que enferman por primeira vez dá anorexia con 20 e 30 anos. O ano pasado, explica a agrupación, o Hospital Clínico de Santiago tratou a unha paciente de só 8 anos.
Galicia conta cunha soa Unidade de Desordes da Alimentación, ubicada no Hospital de Conxo. Este servizo, que segundo Abagal está en” precario”conta con dous psicólogos, dous psiquiatras e tres endocrinos para atender a todos os galegos de máis de 15 anos que sufran estas enfermidades.
O Servizo Galego de Saude indica que a anorexia adoita comezar na adolescencia, entre os 13 e os 19 anos, e empeza, case sempre, cunha dieta “que xa non se detén”, mentres que a bulimia sófrese, normalmente, a partir dos 19 anos. Adoita afectar a persoas para os que o peso foi materia de preocupación na súa infancia ou adolescencia, polo que comen “desmesuradamente” para logo vomitar por unha “culpabilidad que trastorna a súa vida”.

Os datos sobre prevalencia de anorexia e bulimia en España ata o ano 1996 mostraban que os ingresos hospitalarios aumentaron de 86 no periodo 90-91 a 225 en 1996, segundo os datos establecidos polo INSALUD. Destes, o 83,1% son anoréxicos, o 14,7% son bulímicos e o 2,2% restantes corresponden a cadros mixtos. O 92% destes episodios produciuse en mozos de 15 a 29 anos, dos cales o 92,8% eran mulleres. A prevalencia de anorexia nerviosa na poboación feminina da Comunidade de Madrid estimouse en 0,04%en mulleres entre 15 e 24 anos e de 0,025 en mulleres entre 25 e 29 anos. O anterior contrasta cos datos que manexa ADANER para quen a cifra de persoas afectadas con anorexia en España, só no ano 1998, foi ao redor do medio millón, un número moi alto en comparación cos datos oficiais que presentan oitenta mil casos detectados, cincocentos ingresos hospitalarios e máis de cen mortes. Hai que sinalar que entre 1998 e 1999 España situouse como o país europeo con maior incidencia de anorexia e bulimia.
Na actualidade, a prevalencia para a anorexia nerviosa é do 1% e para a bulimia nerviosa dun 3%, cifras que son similares en case todos os países desenvolvidos.

En Estados Unidos, O Centro de Información e Referencia sobre Desordenes da Alimentación, cre que preto de 10 millóns de norteamericanos padecen hoxe en día de desordenes alimentarios (90% mulleres e 10% son homes) mentres que O Centro de Trastornos Alimentarios da Escola Medica de Harvard, estima que o total de afectados é de aproximadamente 5 millóns. O Instituto de Saúde Mental non ten cifras exactas, pero confirma que sexa cal fora o número total de afectados por desordenes da alimentación, entre os afectados por anorexia, 1 de 10 morre finalmente por inanición, suicidio ou complicacións médicas.
Nalgunhas mostras ata o 6% dos mozos que están terminando educación secundaria teñen máis dun síntoma de anorexia nerviosa. As mulleres que desenvolven a súa actividade profesional en actividades que requieren delgadez (bailarinas, modelos) son máis propensas a desenvolver o padecimiento. En relación coa bulimia algúns estudos ingleses e americanos sinalan prevalencias do 2 ao 4% nas mulleres novas, tamén con tendencia ao incremento.
Nos últimos estudos a idade de inicio da anorexia é máis baixa; multiplicáronse as nenas que entran neste “inferno” desde os 11 anos. Estas xóvenes xeralmente pertencen a un estrato social medio-alto e alto. Aínda que agora a enfermidade estase estendendo a mulleres de todas as idades, pertencentes a todas as clases
Sociais e grupos raciais. Algúns investigadores admiten que notaron que agora os nenos
están desenvolvendo os trastornos da alimentación en idades cada vez menores, as nenas entre os 5 e 6 anos e os varóns entre os 8 e os 9.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Suscribirse a Enviar comentarios [Atom]

<< Inicio